Secretaría Uvigo - Determinación de fragrancias sintéticas policíclicas en auga de mar mediante extracción en fase sólida dispersiva empregando un adsorbente nanoporoso.

Determinación de fragrancias sintéticas policíclicas en auga de mar mediante extracción en fase sólida dispersiva empregando un adsorbente nanoporoso.

Data de defensa24/02/2021
TitulaciónGrao en Química
CentroFacultade de Química
Dirección Titoría: María Isela Lavilla Beltrán
Cotitoría: Vanesa Romero Rivas
Tribunal Secretaría: Francisco Javier Pena Pereira
Presidencia: Carlos Silva López
Titoría: Francisco Javier Deive Herva
ResumoO presente Traballo Fin de Grado trata sobre o desenvolvemento dun novo método baseado na extracción en fase micro-sólida asistida mediante ultrasóns (D-µSPE), empregando TpBD-Me2 COF como adsorbente para a análise de Tonalide? e Galaxolide? a niveis traza en mostras de auga de mar. Optimizáronse diferentes parámetros implicados no procedemento analítico co obxectivo de obter os mellores resultados. Baixo condicións óptimas, conseguíronse eficacias de adsorción da orde de 81,2-95,1%, así como eficacias de desorción en torno a 98% (empregando metanol como disolvente) para ambos analitos. Estes resultados mostran a posibilidade de reutilizar o adsorbente con pérdidas menores na capacidade de adsorción tras, polo menos, cinco ciclos consecutivos. Obtivéronse límites de detección de 0,082 µg/L e 0,070 µg/L para Tonalide? e Galaxolide?, respectivamente. O método proposto aplicouse exitosamente para a análise dos analitos en mostras de auga de mar, obtendo unha eficacia de adsorción entre 81-87% para Tonalide? e entre 90-95% para Galaxolide?, e recuperacións no intervalo de 98,6-99,9% para ambas fragancias. A repetibilidade, expresada como desviación estándar relativa, foi 5,8% (n = 5), e a reproducibilidade, 10,7% (n = 5) para ambas fragancias.
Volver