Secretaría Uvigo - Deseño e desenvolvemento dunha plataforma para o despregamento automático de microinstancias de Moodle empregando Kubernetes

Deseño e desenvolvemento dunha plataforma para o despregamento automático de microinstancias de Moodle empregando Kubernetes

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
CentroEscola de Enxeñaría de Telecomunicación
Dirección Titoría: José Carlos López Ardao
Cotitoría: Vicente Goyanes De Miguel
Tribunal Presidencia: José Juan Pazos Arias
Vogalía: Ana Fernández Vilas
Secretaría: Martín Llamas Nistal
ResumoDurante o ano 2020, o uso de servizos en liña e na nube aumentou notablemente debido á crise de saúde causada pola COVID-19 e o confinamento domiciliario da poboación. Nun contexto académico, os sistemas de xestión da aprendizaxe non se dimensionaron para atender á demanda de centos ou miles de usuarios simultaneamente, pensando sobre todo en eventos de máxima esixencia como por ser un exame en liña. Este proxecto propón o deseño e desenvolvemento dunha plataforma baseada en Kubernetes que permita subministrar, a demanda do profesorado, instancias individuais de Moodle.
Este enfoque representa un gran cambio na filosofía, pasa dun enfoque clásico no que se desprega unha única instancia monolítica de Moodle en máquinas virtuais para atender a miles de docentes e decenas de miles de estudantes para crear unha constelación de centos ou incluso miles de pequenas instancias de Moodle (mini-Moodles) dedicadas cada unha a servir a un único docente e funcionar nunha infraestrutura de contedores.
A conclusión foi exitosa, resultando en que Kubernetes cobre as necesidades de prestación de servizos que motivan este proxecto.

Moodle, Kubernetes, DevOps, Contedores, Automatización, Computación Nube, Docker
Volver