Secretaría Uvigo - O dereito do traballo ante o impacto da nova revolución tecnolóxica: desafío e adaptación

O dereito do traballo ante o impacto da nova revolución tecnolóxica: desafío e adaptación

Data de defensa25/02/2021
TitulaciónPCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
CentroFacultade de Dereito
Dirección Titoría: Marta Fernández Prieto
Tribunal Presidencia: Ana María Tobio Rivas
Vogalía: José Agustín González-Ares Fernández
Secretaría: María Dolores Fernández Fustes
ResumoO obxectivo do presente traballo é analizar, dende unha perspectiva xurídica e dentro do marco da Cuarta Revolución Industrial, o impacto que provoca a transformación tecnolóxica e, particularmente, a automatización e a dixitalización do emprego (economía de plataformas), na configuración da relación xurídico-laboral. Así mesmo, preséntase a necesidade dunha nova regulación que, dende o punto de vista do Dereito do Traballo, e apoiada a súa vez nun modelo xurídico de transición xusta, facilite a coexistencia do moderno factor tecnolóxico, ligado esencialmente á dimensión da liberdade de empresa, e o primitivo factor humano, que se sitúa dentro do ámbito do dereito ao traballo constitucional protexido, coa finalidade de mitigar a destrución de postos de traballo e a xeneralización do emprego precario.
Volver