As dietas para gastos de viaxe na imposición sobre a renda
Data de defensa | 24/02/2021 |
Titulación | PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito |
Centro | Facultade de Dereito |
Dirección |
Titoría: Roberto Ignacio Fernández López |
Tribunal |
Presidencia: Ana María Tobio Rivas Vogalía: José Agustín González-Ares Fernández Secretaría: María Dolores Fernández Fustes |
Resumo | Decote os empregados desprázanse fóra do seu centro habitual de traballo para desenvolver o mesmo nun lugar distinto. Estes desprazamentos xeran gastos que son compensados mediante a entrega de determinadas cantidades, denominadas dietas para gastos de viaxe. O propósito do presente traballo é analizar ditos conceptos e as súas implicacións tributarias, tanto dende o punto de vista do traballador que as percibe, como dende a perspectiva da empresa que as abona. Con tal finalidade acométese o estudo dos requisitos que deben concorrer para a súa non tributación e para a súa configuración como gastos fiscalmente deducibles. |