Secretaría Uvigo - Medio ambiente na Constitución, Unión Europea e Carta de Dereitos Fundamentais da UE

Medio ambiente na Constitución, Unión Europea e Carta de Dereitos Fundamentais da UE

Data de defensa24/02/2021
TitulaciónGrao en Dereito
CentroFacultade de Dereito
Dirección Titoría: Jose Mosquera Casero
Tribunal Presidencia: Ana María Tobio Rivas
Vogalía: José Agustín González-Ares Fernández
Secretaría: María Dolores Fernández Fustes
ResumoMediante o presente traballo preténdese estudar o medio ambiente, desde unha perspectiva fundamentalmente constitucional e da Unión Europea. Primeiramente, examínase a protección constitucional do medio ambiente tendo en conta a súa configuración como un principio reitor de índole colectiva ou como un dereito subxectivo individual e analízase a protección outorgada polos Tribunais españois cando se vulneran dereitos fundamentais como consecuencia de inxerencias ambientais. Tamén se alude, pola súa relación con esta, á protección do medio ambiente outorgada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, en aplicación do artigo 8 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos e o respecto á vida privada e familiar.

Dende a perspectiva do Dereito da Unión Europea, préstase especial atención ás reformas dos Tratados constitutivos, á regulación da Carta de Dereitos Fundamentais da UE e aos principios que rexen a acción medioambiental. Así mesmo examínanse, de maneira xeral, os compromisos ambientais da Unión Europea na actualidade. E conclúese co estudo da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea relativa ao medio ambiente, particularmente os recursos por incumprimento da normativa europea contra os Estados membros.
Volver