Secretaría Uvigo - A patria potestade no dereito histórico español, dende a súa configuración no dereito privado romano ata a súa recepción no dereito privado actual

A patria potestade no dereito histórico español, dende a súa configuración no dereito privado romano ata a súa recepción no dereito privado actual

Data de defensa24/02/2021
TitulaciónGrao en Dereito
CentroFacultade de Dereito
Dirección Titoría: María José Bravo Bosch
Tribunal Presidencia: Ana María Tobio Rivas
Vogalía: José Agustín González-Ares Fernández
Secretaría: María Dolores Fernández Fustes
ResumoEste traballo de investigación aborda a institución da patria potestade dende unha perspectiva xurídica-histórica, analizando a evolución desta figura nas distintas épocas históricas, en función da evolución da realidade social e política. Partindo da súa xénesis en Roma, apréciase o constante proceso evolutivo ó que a figura da patria potestade estivo sometida nas diferentes etapas da historia, dende a súa inicial concepción coma un autoritario patriarcado ata a súa posterior transformación nun officium e a súa actual concepción coma instituto xurídico fundado na protección do interese superior do menor. Diversas concepcións que, a súa vez, determinaron o diferente tratamento xurídico do que se dotou á patria potestade, fundamentalmente no seu aspecto sustantivo.
O noso esforzo investigador pretende dar unha visión historiográfica e xurídica sobre o sometemento primixenio dos suxeitos sometidos á patria potestade, e a evolución positiva posterior dirixida á protección e non á tutela restrictiva de dereitos con respecto ás persoas suxeitas á patria potestade, con evidente trascendencia xurídica.
Patria Potestade, Fmilia, Lex Visigothorum, Foros, Sete Partidas, Código Civil.
Volver