Secretaría Uvigo - A teoría do dereito de Alf Ross

A teoría do dereito de Alf Ross

Data de defensa24/02/2021
TitulaciónGrao en Dereito
CentroFacultade de Dereito
Dirección Titoría: Pablo Raúl Bonorino Ramírez
Tribunal Presidencia: Ana María Tobio Rivas
Vogalía: José Agustín González-Ares Fernández
Secretaría: María Dolores Fernández Fustes
ResumoO propósito deste traballo é analizar a teoría xurídica desenvolvida por Alf Ross dentro do ámbito do realismo xurídico escandinavo. Para isto céntrome en tres perspectivas: o primeiro bloque trata sobre a biografía do autor, así como a evolución histórica do realismo xurídico ata alcanzar o realismo xurídico escandinavo e tamén o proceso mental que levou a Ross a basear a súa teoría neste movemento e non noutros; o segundo céntrase na análise das dúas obras máis influentes de Ross dentro do realismo xurídico escandinavo, que se analizan para extraer os pensamentos de Ross sobre diversos aspectos da filosofía do dereito, e o terceiro bloque, dedicado á crítica, consiste na análise de varios críticas e opinións de diversos autores respecto das obras analizadas no segundo bloque. Finalmente, as conclusións céntranse en se se pode considerar, con todo o anterior, que Ross resolve efectivamente as dúbidas que suscita sobre a filosofía do dereito ou se, pola contra, non foi capaz de resolver estas cuestións.

PALABRAS CLAVE: Filosofía do dereito, Realismo xurídico, Realismo xurídico escandinavo, Empirismo, Neopositivismo
Volver