Secretaría Uvigo - Efectos da criopreservación en poboacións monoespecíficas e nunha comunidade multiespecie de fitoplancto mariño.

Efectos da criopreservación en poboacións monoespecíficas e nunha comunidade multiespecie de fitoplancto mariño.

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Cotitoría: Estefanía Paredes Rosendo
Titoría: María Aranguren Gassis
Tribunal Presidencia: Francisco Javier García Cutrín
Secretaría: José Manuel García Estévez
Vogalía: Sandra Martínez García
ResumoA criopreservación é un proceso mediante o cal se consegue manter as células, tecidos ou organismos vivos en estado "latente" á temperatura de -196ºC. O seu estudo viuse incrementado considerablemente nos últimos 20 anos, polo interese económico e ambiental do mantemento de coleccións de microalgas e doutros organismos, supoñendo un gran aforro en tempo e recursos. Conseguíronse criopreservar con éxito un gran número de especies de fitoplancto pero non existe información sobre a posibilidade de criopreservar unha mostra natural, composta por centos de especies diferentes e con diferentes características. Por isto, no presente estudo avaliouse de que maneira afecta a criopreservación mediante tres métodos diferentes (criopreservación lenta pasiva, lenta controlada e vitrificación), á estrutura dunha comunidade de fitoplancto artificial, composta por tres especies diferentes; unha diatomea, unha alga verde e unha alga flaxelada (Phaeodactylum tricornutum, Tetraselmis suecica y Tisochrysis lutea, respectivamente). Como referencia, tamén se criopreservaron poboacións monoespecíficas de cada especie, a través dos tres métodos xa mencionados, para estudar como afecta a criopreservación a estas especies cando crecen de forma illada. Os resultados mostran que a criopreservación afecta de maneira diferente a cada especie, dependendo do método empregado e que os métodos de criopreservación condicionan a estrutura da comunidade a curto prazo, pero a longo prazo as relacións interespecíficas determinan a estrutura. Son necesarios máis estudos para comprender de que maneira afecta a criopreservación a unha comunidade de fitoplancto e poder nun futuro obter cultivos multiespecíficos criopreservados con éxito.

Palabras clave: Criopreservación lenta pasiva, criopreservación lenta controlada, vitrificación, comunidade de fitoplancto, Phaeodactylum tricornutum, Tetraselmis suecica, Tisochrysis lutea.
Volver