Secretaría Uvigo - estado ecolóxico da lagoa dos nenos: caracterización biogeoquímica da columna de auga e sedimentos baixo diferentes condicións hidrodinámicas

estado ecolóxico da lagoa dos nenos: caracterización biogeoquímica da columna de auga e sedimentos baixo diferentes condicións hidrodinámicas

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Pablo Serret Ituarte
Cotitoría: Irene Alejo Flores
Tribunal Presidencia: Guillermo Francés Pedraz
Vogalía: Emilio Marañón Sainz
Secretaría: Nicolás Otero Martínez
ResumoA Lagoa dos Nenos é un lago salino situado entre a Illa de Monteagudo e a Illa do Faro no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia que presenta unha comunicación permanente a mar aberto (extremo Oeste) e outra esporádica (extremo Leste) a través da barreira de Rodas. O volume e intercambio de augas está controlado polos ciclos mareais, vento e ondas. Este ecosistema nas últimas décadas sufriu un progresivo deterioro con perda de comunidades naturais importantes como as pradeiras de Zostera sp. e un proceso de aclimatación acelerado pola construción dun dique e a conseguinte redución do intercambio de auga co océano. O obxectivo do traballo que se presenta é determinar a magnitude e variabilidade de variables bioxeoquímicas básicas para caracterizar o estado ecolóxico e potenciais impactos antrópicos sobre a columna de auga e sedimento en diferentes situacións de forzamento físico (vento, marea e onda). Para iso establecéronse 7 estacións (1 fóra da lagoa) onde se tomaron mostras de auga para determinar a distribución espacial e variabilidade temporal de nutrientes inorgánicos e orgánicos, concentración e saturación de osíxeno e concentración de clorofila-a máis a súa relación coas condicións físicas (temperatura, salinidade, turbidez). Analizáronse tamén os riscos microbiolóxicos asociados a unha potencial eutrofización mediante a medida da demanda biolóxica de osíxeno e a abundancia de bacterias cauliformes en diferentes condicións hidrográficas. En relación ao substrato da lagoa, a toma de mostras de sedimento permitiu obter a distribución espacial e variabilidade temporal das características e calidade do sedimento.
Volver