Secretaría Uvigo - Elementos culturais nos procesos de negociación internacional: China, Xapón e India.

Elementos culturais nos procesos de negociación internacional: China, Xapón e India.

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónMáster Universitario en Comercio Internacional
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: Marta García De la Puerta
Tribunal Titoría: Marta García De la Puerta
Resumo
A situación económica actual está marcada por unha globalización sen precedentes que exixe o máximo a empresas, países y rexións. Esta macrotendencia favorece unha intensa colaboración entre nacións e promove un entorno altamente competitivo que obriga ás empresas a aumentar as súas actividades transfronteirizas. As relacións interculturais, non obstante, soen ser complexas e presentar moitos retos, especialmente cando tratamos con nacionalidades asiáticas, xa que a distancia cultural é maior que con outros territorios de occidente. Desta forma, o presente traballo realiza unha análise descritiva das principais particularidades culturais de China, Xapón e India coa finalidade de identificar diferencias e parecidos entre estas culturas e a española. O obxectivo final será que o empresario poida determinar a metodoloxía máis apropiada para levar a cabo procesos de negociación internacionais exitosos.
Volver