Secretaría Uvigo - Nivel de coñecemento e coidados sobre a prevención en pacentes con diabetes mellitus: pé diabético.

Nivel de coñecemento e coidados sobre a prevención en pacentes con diabetes mellitus: pé diabético.

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Dirección Titoría: Julio Diz Arén
Tribunal Titoría: Julio Diz Arén
ResumoObxectivo: Realizar unha revisión narrativa da literatura científica para analizar o nivel de coñecemento que teñen os pacientes diabéticos sobre o autocoidado dos pés e como previr o pé diabético.
O método empregado para preparar este TFG foi unha revisión bibliográfica retrospectiva de artigos publicados de xaneiro de 2016 a decembro de 2020 relacionados co tema a estudar empregando como bases de datos para a busca: Scielo, Dialnet Plus e Lilacs, utilizando os descritores 'pé diabético', educación, autocuidado, coidado, prevención e os seus correspondentes descritores en inglés para realizar unha revisión crítica, de calidade e actualizada, así como un atlas de diabetes e dúas guías. Esta busca realizouse entre novembro de 2020 e xaneiro de 2021.
Os resultados reflicten que hai falta de coñecemento sobre o pé diabético e a súa prevención por parte do paciente, pouca realización da avaliación das súas complicacións principalmente na atención primaria e que as intervencións educativas melloran aspectos da dieta e o coidado dos pés.
Conclúese que se debe realizar unha avaliación completa do risco de complicacións do coidado do pé e do pé diabético baseada na prevención, na educación e no apoio dun equipo multidisciplinar para reducir as complicacións e que o persoal de enfermaría como coidador e educador en saúde é o profesional de referencia para detectar situacións de risco, promover a prevención e mellorar a calidade de vida.
Volver