Secretaría Uvigo - Turismo e Crecemento Económico

Turismo e Crecemento Económico

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Turismo
CentroFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Dirección Titoría: Nemesio Pereira Lorenzo
Tribunal Titoría: Nemesio Pereira Lorenzo
ResumoO turismo é un dos sectores económicos máis importantes do noso país, isto ofrece unha gran diversidade de tipoloxías que amosan ter un selo de identidade único, demostrando a variedade tanto no patrimonio natural e cultural que pode ofrecer, de maneira que xera un atractivo de vital importancia para o correcto desenvolvemento económico nos territorios onde realízase estas actividades turísticas.

Termos como o turismo, crecemento económico e desenvolvemento económico evolucionaron constantemente, adaptándose aos comentarios e definicións que xurdiron por institucións e autores co paso do tempo. Este traballo busca recoller os inicios dos conceptos e a actualización pola influencia de diferentes factores durante a súa evolución.

Durante o transcurso do traballo mostrarase como o turismo evolucionou ao nivel ao que opera ao día de hoxe, observando os puntos de inflexión que provocou a súa expansión, asentamento, os cambios ao longo dos anos que beneficiaron o seu crecemento e como logrou aportar unha diversidade cultural que beneficiou tanto a sociedade española como a galega a hora da apertura internacional.

Finalmente non podemos esquecer o impacto negativo que xerou o COVID-19 no sector turístico, como está a afectar na actualidade, o impacto da pandemia a medio prazo, as solucións e as reformas que instauráronse para poder mitigar na maneira do posible o impacto tan grave que danou a maioría dos sectores de relevancia do noso territorio.

Palabras clave: Turismo, economía, crecemento económico, desenvolvemento, historia, evolución, España, Galicia.
Volver