Secretaría Uvigo - Diagnóstico e tratamento da tenosinovite de De Quervain.

Diagnóstico e tratamento da tenosinovite de De Quervain.

Data de defensa18/02/2021
TitulaciónGrao en Fisioterapia
CentroFacultade de Fisioterapia
Dirección Titoría: Eva María Lantarón Caeiro
Tribunal Vogalía: Rafael Durán Barbosa
Secretaría: Iria Da Cuña Carrera
Presidencia: Iris Machado De Oliveira
ResumoIntrodución: a tenosinovite de De Quervain (TDQ) é unha tenosinovite estenosante que afecta ao primeiro compartimento extensor (PCE) do pulso, que causa dor e discapacidade de pulso e man. Foi descrita por primeira vez no ano 1895 polo médico suízo Fritz de Quervain.

Obxectivo: analizar o estado actual das investigacións relacionadas coa TDQ en relación ao diagnóstico e tratamento que se realizan nesta patoloxía.

Material e métodos: entre os meses de setembro e decembro de 2020 levouse a cabo unha revisión bibliográfica nas bases de datos Medline, Cinahl, SportDiscus e WOS, e no buscador de ciencias da saúde Pubmed. Para realizar a busca bibliográfica, empregáronse as palabras clave "De Quervain Disease", as cales forman parte do Medical Subjects Headings (MeSH).

Resultados: obtivéronse 17 resultados, dos cales 2 centráronse nas variantes anatómicas do PCE do pulso, 3 centráronse no diagnóstico da enfermidade, e 12 no tratamento da TDQ.

Conclusións: coñecer as variantes anatómicas do PCE do pulso é de suma importancia tanto para o diagnóstico como para o tratamento da TDQ. Antes de realizar tratamento cirúrxico, é aconsellable optar pola opción dun tratamento conservador.

Palabras clave: De Quervain Disease.
Volver