Secretaría Uvigo - Intención emprededora do alumnado da Universidade de Vigo

Intención emprededora do alumnado da Universidade de Vigo

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Dirección Titoría: Ana Isabel Gueimonde Canto
Tribunal Titoría: Ana Isabel Gueimonde Canto
ResumoCo obxectivo de coñecer a intención emprendedora dos alumnos e alumnas da Universidade de Vigo. Elaborouse un informe baseado no proxecto GUESSS (Global University Entreprenurial Spirit Student?s Survey).
Para iso analizouse unha mostra de 2.064 persoas pertencentes ao censo poboacional (20.107) do órgano universitario. Isto supuxo unha taxa de resposta dun 10,27%.
En canto ao xénero dos participantes, son de case un 50% para ambos casos, pertencentes á década de 1990-2000, estudantes de Grao e estudantes das ramas de Enxeñaría e Ciencias sociais, na súa maioría. As opción de escolla de carreira predominantes son as opcións de converterse en emprendedor (16,42%) ou funcionario público (12,98%).
Chégase a conclusión de que hai unha actitude positiva cara o emprendemento, por parte dos enquisados. Con porcentaxes elevadas cando se analiza a intención emprendedora. Ademais, se quixeran emprender terían unha percepción positiva por parte do seu circulo social máis próximo.
Cando se observa a formación xeral e específica en emprendemento, os resultados son positivos, pero algo máis modestos. Isto podería axudar a Universidade a utilizar estes datos para axudar a desenvolver ese espírito emprendedor dos alumnos.

Palabras chave: emprendemento, Teoría do Comportamento Planificado, GUESSS, intención emprendedora
Volver