Secretaría Uvigo - Intención emprendedora do alumnado na Universidade de Vigo

Intención emprendedora do alumnado na Universidade de Vigo

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Dirección Titoría: Ana Isabel Gueimonde Canto
Tribunal Titoría: Ana Isabel Gueimonde Canto
Resumo Neste Traballo de Fin de Grao, analizáronse datos recollidos no proxecto Global University Enterpreneurial Spirit Student´s Survey (GUESSS), que se basea na teoría do comportamento planificado de Icek ajzen. Estes datos son recollidos mediante cuestionarios que as universidades colaboradoras poñen a disposición dos seus alumnos, coa finalidade de poder analizar a intención emprendedora do alumnado universitario.
A Universidade de Vigo tamén recolleu este tipo de datos, e por eso, se analizaron neste traballo. Ademais, tamén se compararon co conxunto do resto de España. Tamén, dentro do ámbito da Universidade de Vigo, se compararon os datos segundo o sexo e o nivel de estudos do alumnado.
Toda esta análise se levou a cabo coa intención principal de saber qué porcentaxe de alumnos presentan unha intención media ou elevada de emprender. Para elo, consideráronse para a análise puntuacións de 5, 6 ou 7 puntos na escala de valoración de 7 puntos que se ofrece no cuestionario do alumno.
Podemos destacar que:
-Existe unha porcentaxe de alumnos da Universidade de Vigo que teñen unha elevada actitude emprendedora. Esta porcentaxe é superior á do conxunto de universidades españolas que participan no proxecto GUESSS.
-O alumnado que cursa estudos de doutorado, presenta unha actitude moi inferior á de alumnos de grao ou máster.
-Existe unha maior porcentaxe de homes que de mulleres con intención media ou elevada de emprender.
-A porcentaxe de alumnos con intención emprendedora media ou elevada dispárase ao cabo de cinco anos de remata-los seus estudos.
Volver