Secretaría Uvigo - Deseño e execución dunha metodoloxía de recollida de residuos non gaseosos de combustión de biomasa (VOCs)

Deseño e execución dunha metodoloxía de recollida de residuos non gaseosos de combustión de biomasa (VOCs)

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría da Enerxía
CentroEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Dirección Titoría: David Patiño Vilas
Cotitoría: Juan Jesús Rico Fuentes
Tribunal Presidencia: Francisco Javier Deive Herva
Vogalía: Alejandro Molares Rodríguez
Secretaría: Pablo Eguía Oller
ResumoO contexto social e ambiental actual demanda a utilización de enerxías renovables, das que a biomasa é a fonte máis importante. Durante a combustión da biomasa prodúcese, entre outras, a emisión de compostos volátiles orgánicos (VOC). Nos últimos anos teñen aumentado as investigacións relacionadas con estes compostos, pois son responsables de causar problemas ambientais e de saúde. Neste traballo desenvolveuse un método efectivo para a súa captura, procurando así reducir a cantidade de emisións contaminantes. Probáronse dous sistemas de recollida diferentes e, tras unha serie de ensaios, confirmouse a efectividade de ambos sistemas na captura de VOC en instalacións de combustión de biomasa.

Palabras clave: combustión de biomasa, pellets de madeira, compostos volátiles orgánicos, carbono activo, disolvente orgánico
Volver