Secretaría Uvigo - Estudo do rendemento aerodinámico e a influencia da acumulación de xeo sobre as pas dun aeroxerador eólico comercial de eixo horizontal mediante software CFD

Estudo do rendemento aerodinámico e a influencia da acumulación de xeo sobre as pas dun aeroxerador eólico comercial de eixo horizontal mediante software CFD

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría da Enerxía
CentroEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Dirección Titoría: Óscar Parga Rodríguez
Cotitoría: Eloy Fernández Felipe
Tribunal Presidencia: Francisco Javier Deive Herva
Vogalía: Alejandro Molares Rodríguez
Secretaría: Pablo Eguía Oller
ResumoMotivado pola incorporación en prácticas á empresa Norvento Enerxía, con este traballo buscouse xerar un extra de coñecemento nun dos seus produtos, o aeroxerador eólico de eixo horizontal tripala nED100.
En primeiro lugar, partindo da xeometría dunha das súas pas, estudouse o comportamento aerodinámico en condicións de pa limpa para distintos ángulos de ataque empregando para iso un software de simulación numérica de dinámica de fluídos computacional (CFD).
A continuación, realizáronse unha serie de simulacións que permitiron analizar o impacto que a variación da rugosidade da superficie da pa ten sobre o rendemento aerodinámico, para, posteriormente, avaliar a influencia da presenza e acumulación de xeo sobre a superficie empregando para iso unha ferramenta de simulación específica.
Finalmente, unha vez caracterizada e cuantificada a perda de produción de enerxía asociada, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a reducir ou eliminar a aparición e o aumento de espesor de xeo sobre a pa.
Volver