Secretaría Uvigo - O pensamento Lean en institucións de educación superior

O pensamento Lean en institucións de educación superior

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María Eva Diz Comesaña
Tribunal Titoría: María Eva Diz Comesaña
ResumoRESUMO
O lean thinking está normalizado e o seu beneficio amplamente apoiado nas empresas de produción de mercadorías, pero diversos estudos demostran que a súa implementación no sector dos servizos, e especialmente na educación superior, non ten a mesma relevancia.
O sector da educación superior é competitivo e as institucións precisan mellorar a calidade e a eficiencia e non aumentar a carga económica nos campos educativo, administrativo e de investigación.
O obxectivo deste traballo é investigar dentro do ámbito do lean no sector da educación superior qué aspectos foron estudados e cales merecen unha análise máis profunda. Para este fin, a pregunta da investigación é a seguinte: ¿en que medida se estudou o lean no sector da educación superior e qué aspectos destacaron?
A pregunta de investigación respondese a través dunha análise da literatura máis recente que se ocupou do lean neste contexto. Realizouse unha primeira análise dos anos de publicación, as áreas de estudo, a relevancia dos artigos, autores e palabras clave. Nunha análise máis profunda, trátanse os obxectivos e resultados dos artigos.
Os resultados da investigación indican que o lean thinking no campo da educación superior é incipiente e pouco estudado, e mostran os beneficios que o lean aporta ao sector.
Tendo isto en conta, recoméndase que as institucións de educación superior adopten o pensamento lean en todas as áreas do sector. Poderíanse realizar investigacións adicionais para determinar a importancia das TIC na implementación de lean, debido á crecente tendencia do uso da telemática no desenvolvemento de todo tipo de funcións.

PALABRAS CLAVE
Lean thinking, Lean, higher education, Revisión Bibliográfica
Volver