Secretaría Uvigo - Plumularioidea (Cnidaria, Hydrozoa) das costas do Sáhara Occidental

Plumularioidea (Cnidaria, Hydrozoa) das costas do Sáhara Occidental

Data de defensa18/02/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Francisco José Ramil Blanco
Tribunal Vogalía: Manuel Megías Pacheco
Secretaría: María Luísa Castro Cerceda
Presidencia: Emilio Gil Martín
ResumoResumo: este traballo céntrase no estudo e identificación das especies da superfamilia Plumularioidea (Cnidaria, Hydrozoa) recollidos durante a campaña oceanográfica MAROC-0611, levada a cabo fronte ás costas do Sáhara Occidental en novembro e decembro de 2006. Nesta campaña fixéronse mostraxes nun total de 100 estacións, en 54 das cales recolléronse representantes desta superfamilia, capturándose 616 colonias pertencentes a 21 especies de 5 familias diferentes. A familia que amosou maior riqueza específica foi Aglaopheniidae, con nove especies, seguida por Halopterididae e Plumulariidae, con cinco cada unha. As familias restantes, Kirchenpaueriidae e Schizotrichidae, estiveron representadas por unha única especie. A especie máis abundante foi Lytocarpia myriophyllum, con 300 colonias, seguida por Nemertesia irregularis con 131. Streptocaulus chonae e Nemertesia freiwaldi cítanse por primeira vez dende a súa descrición orixinal, e para elas, xunto con Streptocaulus boucheti, Streptocaulus corneliusi, Streptocaulus pectiniferus e Schizotricha frutescens, amplíase o seu rango de distribución xeográfica. Tamén se amplía o período reprodutivo para L. myriophyllum e Streptocaulus pectiniferus, xa que se atoparon gonotecas en decembro. Os continxentes bioxeográficos mellor representados foron o anfiatlántico, o atlántico-mediterráneo e o atlántico-oriental. Así mesmo, foron atopadas tres especies endémicas para o noroeste de África, S. boucheti, S. chonae e N. freiwaldi.

Palabras clave: Leptothecata, fauna bentónica, augas profundas, noroeste de África, MAROC-0611
Volver