Secretaría Uvigo - Diseño dun protocolo de macropropagación para a especie autóctona "Frangula alnus"

Diseño dun protocolo de macropropagación para a especie autóctona "Frangula alnus"

Data de defensa18/02/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: M. Esther Barreal Modroño
Tribunal Presidencia: María Paloma Morán Martínez
Secretaría: Castor Muñoz Sobrino
Vogalía: María Fuencisla Mariño Callejo
ResumoOs bosques galegos sofren deforestacións anualmente debido, na súa maioría, a incendios forestais. Isto provoca a substitución de especies autóctonas por outras de rápido crecemento, e isto conleva a súa vez á pérdida de hábitats sustentados polas especies autóctonas perdidas. Este traballo céntrase no sanguino (Frangula alnus), árbore baixa autóctona de Galicia. O obxectivo foi atopar un medio de acurtar o tempo de enraizamento de estaquillas obtidas de árbores adultas, co fin de crear unha reserva para solventar o problema da falta de material vexetal nas restauración e reforestacións destes hábitats no prazo máis curto posible. Para isto se compararon sistemas de enraizamento: aeropónico e o tradicional en sustrato, e dous tratamentos enraizantes: un comercial (HESI) e un natural, fitohormona IBA a dúas concentración. Os resultados indicaron que o mellor protocolo de macropropagación de Frangula alnus consiste en enraizar estaquillas mediante unha aplicación de IBA (10000 ppm) empregando un sistema aeropónico, trasplantalas a fibra de coco e regalas con enraizante HESI, e unha vez desenvolto completamente o sistema radicular as plantas poden ser devoltas ó medio natural que necesite ser restaurado.
Volver