Secretaría Uvigo - Produción de biosurfactantes mediante a cepa de Bacillus subtilis CECT 36 en hidrolizados hemicelulósicos obtidos a partir de ourizos de castaña

Produción de biosurfactantes mediante a cepa de Bacillus subtilis CECT 36 en hidrolizados hemicelulósicos obtidos a partir de ourizos de castaña

Data de defensa22/02/2021
TitulaciónGrao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: José Manuel Domínguez González
Cotitoría: Iván Costa Trigo
Tribunal Presidencia: Herminia Domínguez González
Vogalía: Nelson Pérez Guerra
Secretaría: Ana María Torrado Agrasar
ResumoRESUMO:

Neste traballo proponse o aproveitamento dos ourizos de castaña a través dun proceso de biorrefinería para a obtención de biosurfactantes. Para iso, levouse a cabo un pretratamento dos ourizos con ácido sulfúrico diluído no autoclave (prehidrólisis) e unha posterior detoxificación para a obtención dun hidrolizado hemicelulósico fermentable, empregándoo como medio de cultivo para a produción de biosurfactantes mediante a cepa Bacillus subtilis CECT 36. Ademais, ensaiouse a produción de biosurfactantes en medios de cultivo comerciais coa mesma cepa.

PALABRAS CHAVE: ourizos de castaña, biorrefinería, hidrolizado hemicelulósico, Bacillus subtilis, biosurfactantes.
Volver