Secretaría Uvigo - Avaliación organoléptica de bebidas funcionáis obtidas por fermentación de zumes de froitas con gránulos de kéfir

Avaliación organoléptica de bebidas funcionáis obtidas por fermentación de zumes de froitas con gránulos de kéfir

Data de defensa19/02/2021
TitulaciónGrao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Nelson Pérez Guerra
Cotitoría: Delicia Liliana Bazán Tantaleán
Tribunal Presidencia: Juan Carlos Mejuto Fernández
Vogalía: Ana María Torrado Agrasar
Secretaría: Ricardo Javier Bendaña Jácome
ResumoNeste traballo realizouse unha avaliación organoléptica de catro bebidas kefiradas obtidas por fermentación, con gránulos de kéfir, de zumes de froitas (kiwi, uvas de mesa brancas e tintas), en subcultivos consecutivos de 24 h, e leite enteira (cultivo control de 24 h), para a valoración do seu grao de aceptación por parte de consumidores potenciasis.
Primeiro, as diferentes bebidas funcionais obtidas caracterizaronse atendendo a composición microbiolóxica e química, concluindo que os zumes das tres froitas son sustratos axeitados para a produción de bebidas kefiradas non lácteas.
A continuación, as propiedades organolépticas das diferentes bebidas evaluáronse utilizando paneis de cata adestrados e non adestrados. Os resultados obtidos compararánse coa correspondente composición volátil de cada fementado, encontrándose que as diferentes bebidas posuen as suas propias características organolépticas distintivas, que poderían permitirlles a súa incorporación no mercado, sendo as bebidas de kiwi e uvas tintas de mesa as que recibiron a maior aceptación.
Volver