Secretaría Uvigo - A logopedia como medio para desenvolver a comunicación oral no alumnado de E.P con discapacidade auditiva

A logopedia como medio para desenvolver a comunicación oral no alumnado de E.P con discapacidade auditiva

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónGrao en Educación Primaria
CentroEscola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo
Dirección Titoría: Sandra Teresa Álvarez Ledo
Tribunal Vogalía: Alberto Santos Hermo
Secretaría: Xoana Reguera López de la Osa
Presidencia: José Roberto Soto Fernández
ResumoRESUMO
A logopedia é a ciencia que se encarga de previr, avaliar, diagnosticar e intervir educativamente en casos como: trastornos da linguaxe, a voz, a fala, a comunicación, a audición e a deglución. Perfílase como un medio para atender e complementar o traballo do especialista de Audición e Linguaxe no proceso de ensino do alumno con deficiencia auditiva. Por tal razón, o obxectivo xeral da presente investigación consiste en mostrar a importancia da logopedia como medio para desenvolver a comunicación oral no alumnado con discapacidade auditiva do nivel de educación primaria. A investigación é de tipo documental bibliográfico, o deseño empregado consta dos seguintes pasos: selección da bibliografía, organización do material e análise da información. A análise realizada ás fontes seleccionadas destaca a importancia da Logopedia como complemento do traballo que realiza o especialista de Audición e Linguaxe na atención do alumnado con deficiencia auditiva na etapa de Educación Primaria.
Palabras crave: Logopedia, discapacidade, deficiencia auditiva, inclusión educativa.
Volver