Secretaría Uvigo - A censura franquista na tradución de Go Tell It on the Mountain de James Baldwin

A censura franquista na tradución de Go Tell It on the Mountain de James Baldwin

Data de defensa18/02/2021
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Beatriz María Rodríguez Rodríguez
Tribunal Titoría: Beatriz María Rodríguez Rodríguez
ResumoEntre 1936 e 1975 a ditadura franquista empregou a censura para controlar a información que se difundía en España. Isto incluía tamén as traducións, pois os censores podían prohibir a distribución de certas obras ou modificar o seu contido para que fose acorde cos principios morais e ideolóxicos do réxime. A día de hoxe aínda existen novelas que non se volveron a traducir, polo que tan só contan coa versión censurada. Este é o caso de Go Tell It on the Mountain de James Baldwin (1953), da que presentamos un análise comparativo da súa tradución ó español (Ve y dilo en la montaña, 1972) para determinar ata que punto a censura afectou ó texto meta. Tras unha breve contextualización, comentamos os casos de censura que localizamos e ofrecemos propostas de tradución alternativas.

Palabras clave: censura, tradución, franquismo, James Baldwin
Volver