Secretaría Uvigo - Bioactividades e caracterización de compostos fenólicos en plantas medicinais da familia Amatanthaceace

Bioactividades e caracterización de compostos fenólicos en plantas medicinais da familia Amatanthaceace

Data de defensa19/02/2021
TitulaciónMáster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Miguel Ángel Prieto Lage
Cotitoría: Emilio Gil Martín
Tribunal Presidencia: Pedro Pablo Gallego Veigas
Vogalía: María Ángeles Sanroman Braga
Secretaría: Rosana Simón Vázquez
ResumoAs especies da familia Amaranthaceae espertaron unha gran interese polas súas potenciais actividades medicinais. Polo xeral, son especies cun baixo custo e que pódense cultivar nunha gran variedade de ecosistemas entre as que están as áreas urbanas. O seu uso na medicina tradicional asiática indica a presencia de compostos bioactivos de gran interese. Neste traballo, tres especies da familia Amaranthaceae (Alternanthera sessilis, Dicliptera chinensis, Dysphania ambrosioides) propuxéronse coma una fonte alternativa de compostos con bioactividade, coma son os compostos fenólicos. Algunhas das especies desta familia xa presentaran actividade antioxidante e antimicrobiana o que tambén é un bo indicador da presencia de compostos bioactivos.

O estudo xirou en torno á extracción e caracterización de compostos fenólicos de tres especies, a busca de bioactividades antitumorais, antioxidantes, antiinflamatorias e antimicrobianas. Posteriormente, intentouse probar a relación entre as devanditas actividades e os compostos fenólicos mediante o acoplamento molecular e estudar as características dos compostos fenólicos como posibles drogas. Finalmente, a familia das amarantáceas demostrou ser unha fonte alternativa de compostos bioactivos.
Volver