Secretaría Uvigo - Selección de parámetros fisiolóxicos para o control de sistemas hidropónicos de plantas mediante machine learning

Selección de parámetros fisiolóxicos para o control de sistemas hidropónicos de plantas mediante machine learning

Data de defensa19/02/2021
TitulaciónMáster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Cotitoría: Pedro Pablo Gallego Veigas
Titoría: M. Esther Barreal Modroño
Tribunal Vogalía: María Ángeles Sanroman Braga
Presidencia: Diana Valverde Pérez
Secretaría: Rosana Simón Vázquez
ResumoO cultivo hidropónico está en pleno crecemento na actualidade, cada ano aumentan as publicacións e o número de especies que se cultivan mediante este sistema.
A hidroponía permite cultivar baixo calquera clima, durante calquera época do ano e en calquera espazo. O cultivo hidropónico é un sistema complexo que depende de múltiples factores interrelacionados que precisan un control estrito.
O propósito deste traballo foi identificar aqueles parámetros biolóxicos, cuxa sensibilidade permitira determinar dunha maneira rápida e eficiente desviacións do correcto desenvolvemento da planta, que supoñan perdas na produción.
Os resultados obtidos desta revisión sistemática permiten concluír que, se ben na actualidade foi posible automatizar a toma de datos para a maioría dos parámetros abióticos, demostrase que non está automatizada a mesma para os parámetros fisiolóxicos. Os avances tecnolóxicos empregados na agricultura de precisión, poderían ser transferibles aos cultivos hidropónicos permitindo nos próximos anos o emprego de, por exemplo, sistemas de visión para determinar algúns dos parámetros fisiolóxicos, que permiten, a súa vez, optimizar as condicións de cultivo en hidroponía de múltiples especies vexetais, mediante as ferramentas de aprendizaxe automática.

Cultivo sen solo, revisión, parámetros bióticos, sensores
Volver