Secretaría Uvigo - Metodoloxías e procedementos en investigación biomédica aplicadas o estudio da infección por SARS-COV-2

Metodoloxías e procedementos en investigación biomédica aplicadas o estudio da infección por SARS-COV-2

Data de defensa19/02/2021
TitulaciónMáster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Diana Valverde Pérez
Cotitoría: Eva Poveda López
Tribunal Presidencia: Pedro Pablo Gallego Veigas
Vogalía: María Ángeles Sanroman Braga
Secretaría: Rosana Simón Vázquez
ResumoSARS-COV-2 é un virus de ARN de recente aparición e axente etiolóxico de COVID-19 (do inglés coronavirus disease), a cal foi declarada pandemia pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en marzo de 2020. Neste contexto, o deseño de procedementos de laboratorio e protocolos foron de suma importancia para abordar o seu estudo, a fin de ampliar o coñecemento científico e poder afrontar a emerxencia sanitaria. Os obxectivos deste proxecto consistiron en coñecer (i) a dinámica para o procesamento e almacenamento de mostras biolóxicas de persoas con infección por SARS-COV-2, (ii) os protocolos para a extracción automatizada de ARN viral mediante tecnoloxía QIAcube e (iii) a metodoloxía para a amplificación e cuantificación do ARN viral SARS-COV-2 usando a tecnoloxía Droplet Digital PCR (ddPCR) así como a interpretación dos resultados.
Palabras chave: SARS-COV-2, ARN, carga viral, metodoloxía.
Volver