Secretaría Uvigo - Deseño e simulación dunha planta de produción da vacina contra o rotavirus.

Deseño e simulación dunha planta de produción da vacina contra o rotavirus.

Data de defensa19/02/2021
TitulaciónMáster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Emilio Rosales Villanueva
Tribunal Presidencia: Raúl Iglesias Blanco
Vogalía: Diana Valverde Pérez
Secretaría: Rosana Simón Vázquez
ResumoO rotavirus é un virus que pertence á familia Reoviridae e é a principal causa de gastroenterite aguda grave en lactantes e nenos pequenos en todo o mundo, sendo o seu método de transmisión maioritario a vía fecal-oral. Debida a súa alta incidencia no mundo, foi e é necesario desenvolver distintas alternativas de vacinas para poder satisfacer a demanda mundial, que está en continuo crecemento.
Como consecuencia, deseñouse e simulouse un proceso para a produción dunha vacina viva atenuada, de administración oral, co fin de propoñer unha alternativa, non só do proceso en si, senón tamén económica, avaliando así a súa aplicación a escala industrial. Todo isto realizouse con axuda do programa SuperPro Designer.
Ao longo deste proxecto apareceron diferentes inconvenientes, como a falta do modelo matemático que permitise obter un crecemento exponencial das células Vero, ou as cantidades mínimas que se poden cargar no programa, pero ambas se puideron resolver con éxito.
O formato da vacina é en po liofilizado con disolvente para suspensión oral, sendo o volumen, tras a resuspensión, de 1 mL.
Como resultado deste traballo deseñouse un proceso capaz de producir 29.950.000 doses ao ano, cun prezo de 1,29 $/dose, confirmando ser unha alternativa económica e podendo ser administrada en países subdesarrollados e colaborar con organizacións. Con estos datos púidose realizar a viabilidade económica do proceso, dando como resultado un VAN de 9.872.257 $ e un TIR de 8.36 %, confirmando a viabilidade deste proxecto.
Palabras clave: rotavirus, vacina, oral, viva, atenuada, SuperPro Designer, alternativa, y doses.
Volver