Secretaría Uvigo - Aproveitamento de residuos agrícolas para a obtención de xilooligosacáridos a partir de hemicelulosas e disolucións de glucosa a partir de celulosa

Aproveitamento de residuos agrícolas para a obtención de xilooligosacáridos a partir de hemicelulosas e disolucións de glucosa a partir de celulosa

Data de defensa19/02/2021
TitulaciónMáster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Cotitoría: Diana Valverde Pérez
Titoría: Sandra Rivas Siota
Tribunal Presidencia: Pedro Pablo Gallego Veigas
Vogalía: María Ángeles Sanroman Braga
Secretaría: Rosana Simón Vázquez
ResumoA poda da vide é un residuo agrícola da industria do viño, de valor moi baixo. Esta está composta por unha heteromatriz formada por celulosa, hemicelulosa e lignina, sendo de interese para as industrias química, alimentaria e farmacéutica. Polo tanto, o uso e revalorización deste material lignocelulósico (MLC) preséntase como unha alternativa sostible aos métodos habituais de eliminación. O obxectivo deste traballo consiste no fraccionamento integral e valorización dos compoñentes sacáridos da poda da vide, centrándose na obtención de oligosacáridos (OS) a partir de hemicelulosas e solucións de glucosa a partir de celulosa. Os resultados demostran que os compoñentes de interese poden separarse selectivamente. Ademais, a tecnoloxía da membrana foi eficiente para a purificación de OS a partir de hemicelulosas e, por outra banda, a hidrólise enzimática da fracción celulósica foi satisfactoria, obtendose solucións ricas en glucosa.
Volver