Secretaría Uvigo - A Maternidade en Unha Canción de Xeo e Lume de George R.R. Martin

A Maternidade en Unha Canción de Xeo e Lume de George R.R. Martin

Data de defensa23/02/2021
TitulaciónMáster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Belén Martín Lucas
Tribunal Secretaría: Jorge Luis Bueno Alonso
Presidencia: María Belén Martín Lucas
Vogalía: María Araceli González Crespan
ResumoAs nais tenden a xogar un papel marxinal na maioría de novelas fantásticas para adultos, especialmente aquelas escritas por homes. Neste traballo, analizo unha saga que se sae da norma pola súa complexa representación da maternidade: Unha Canción de Xeo e Lume de George R.R. Martin. Baseándome no concepto da maternidade institucionalizada desenvolvido por Adrienne Rich, analizo como a institución da maternidade oprime e limita ás mulleres de Westeros no que respecta ó seu poder como mulleres e nais. Ademais, ao analizar varios exemplos de maternidade fóra do matrimonio, problematizo o trauma ao que están suxeitos os corpos femininos para manter o status quo e impor unha visión especifica da maternidade. Finalmente, examino dúas visións alternativas da maternidade que son menos restritivas e desafían a opresiva institución da maternidade.
Volver