Secretaría Uvigo - Xeración e Caracterización de Secuencias PRN.

Xeración e Caracterización de Secuencias PRN.

Data de defensa27/01/2021
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Paula Gómez Pérez
Tribunal Presidencia: Luis Modesto Álvarez Sabucedo
Vogalía: Francisco Javier Rodríguez Martínez
Secretaría: Francisco Javier Rodríguez Rodríguez
ResumoNeste traballo levouse a cabo un estudo rigoroso e exhaustivo das secuencias PRN ( Pseudo- Random Noise), que pretende ofrecer unha base para o deseño ou a análise de sistemas de tecomunicación ou, mesmo, de información.
As secuencias PRN ( Pseudo- Random Noise) teñen características asimilables ao ruído, calidade esta que as fai moi atractivas para determinadas aplicacións (civís e militares) que poden combinar requirimentos de banda ancha, sincronismo ou de acceso compartido ao medio. Por iso, ao longo do estudo tratouse de determinar cales son as prestacións das mesmas que explican o seu emprego nas diversas aplicacións.
Dada a variedade destas secuencias, pretendeuse cubrir co estudo un ambicioso rango de secuencias PRN, incluíndo os principais tipos: caóticas, de lonxitude máxima, de Kasami e Gold.
Pola natureza do estudo, eminentemente práctico, o traballo presenta dúas vertentes claramente diferenciadas, a xeración das secuencias e a caracterización das mesmas, levándose a cabo numerosos análises cuantitativas e gráficas, sobre a base da simulación.
As simulacións e análises realizados centráronse, sobre todo, nas prestacións das funcións de autocorrelación e de correlación cruzada, aínda que se consideraron tamén propiedades espectrales e temporais das secuencias.
Entre as conclusións máis destacadas que se alcanzan, hai que mencionar que todas elas logran unha gran repartición en banda da potencia, moi desexable en sistemas de espectro alargado, que as proporciona propiedades inmunidade fronte ao ruído e a interferencia.
Salvando o anterior, conclúese que, das secuencias analizadas, as que presentan unha mellor autocorrelación son as caóticas e as secuencias PN ( Pseudo- Noise) de lonxitude máxima, dado que as de Kasami e as Gold presentan un rizado da función para desprazamentos maiores dun chip.
Desafortunadamente, as secuencias PN de lonxitude máxima presentan, salvo grupos moi reducidos, unha mala correlación cruzada, que as descarta para aplicacións de acceso compartido ao medio. Pola súa banda, as secuencias de Kasami e de Gold conseguen proporcionar grandes familias de secuencias con boas propiedades de correlación cruzada.
Volver