Secretaría Uvigo - Reingeniería de procesos para la implantación de un sistema de calidad en un laboratorio de informática forense

Reingeniería de procesos para la implantación de un sistema de calidad en un laboratorio de informática forense

Data de defensa27/01/2021
TitulaciónMaster Universitario en Dirección TIC para a defensa
CentroCentro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Dirección Titoría: Francisco Manuel Pérez Ribas
Cotitoría: Norberto Fernández García
Tribunal Secretaría: José María Núñez Ortuño
Presidencia: Rafael María Carreño Morales
Vogalía: Miguel Ángel Ares Tarrío
ResumoA rápida evolución tecnolóxica e o modo no que a dixitalización se implantou en todos os ámbitos da nosa vida, fai que as evidencias dixitais sexan cada vez máis importantes para resolver problemas no eido penal, civil, laboral ou mercantil.
Un laboratorio de informática forense é o encargado de xerar estas evidencias dixitais, pero o mesmo debe estar actualizado e debe estar xestionado correctamente se quere ser eficiente e competitivo no mercado.
O obxectivo deste traballo de investigación é mellorar un laboratorio de informática forense, o mesmo non está a ser produtivo e está a perder cota de mercado respecto a os seus competidores.
Para poder levar a cabo esta investigación, realizouse un estudo de cada unha das fases fundamentais da actividade forense, analizando as metodoloxías e recomendacións máis valoradas.
Para a metodoloxía de informática forense decidiuse empregar a do especialista Eoghan Casey nas súas catro fases: preparación, conservación, análise e reconstrución. Para a mellora dos procesos levouse a cabo unha reenxeñería dos mesmos coas tarefas de revisión, actualización e mellora continua. Unha vez realizados estes pasos, levarase a cabo a implantación dun Sistema de Xestión da Calidade, baseado na norma UNE-EN ISO 9001:2015, que poida ser certificable.
Preténdese que a organización madure, que se coñeza mellor interna e externamente, que este coñecemento lle permita aproveitar mellor as oportunidades, e que poida identificar e evitar que se materialicen as ameazas existentes. Mellorar a imaxe da organización fronte aos clientes e as demais partes interesadas. Todo iso cunha metodoloxía de mellora continua orientada á excelencia.
Unha vez aplicados os cambios, o laboratorio de informática forense atópase preparado para afrontar os novos retos tecnolóxicos e normativos ademais de ser competitivo no mercado.
Volver