Internet como canle de comunicación para redes clasificadas, posible solución versátil e segura para despregamentos militares
Data de defensa | 26/01/2021 |
Titulación | Master Universitario en Dirección TIC para a defensa |
Centro | Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín |
Dirección |
Cotitoría: Felipe José Gil Castiñeira Titoría: Carlos Zamorano Pinal |
Tribunal |
Presidencia: Alfonso Rodríguez Molares Vogalía: Lorena Otero Cerdeira Secretaría: Miguel Rodelgo Lacruz |
Resumo | A necesidade de despregamento de unidades militares ao longo de toda a xeografia mundial require de canles de comunicación versátiles, seguros e relativamente económicos. O uso da internet, practicamente accesible en calquera parte de orbe mundial, permitiría que se puidese estender o mando a aquelas unidades situadas en lugares remotos a través dos sistemas de mando e control ou C2 ( Command & Control). A gran capilaridade da internet e o seu custo reducido poderían substituír as canles de comunicación militares, tales como os satélites militares, as liñas dedicadas en propiedade e os radioenlaces. Con este traballo preténdese atopar unha solución comercial, versátil e segura que permita aos xefes dos exércitos estender o seu mando e control, sen importar onde se atopen as súas forzas utilizando a rede de redes, pero sempre cumprimentando a normativa nacional sobre información clasificada. |