Secretaría Uvigo - A protección da privacidade dos menores nas redes sociais

A protección da privacidade dos menores nas redes sociais

Data de defensa22/01/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: María José Lado Touriño
Cotitoría: Ana Garriga Domínguez
Tribunal Titoría: María José Lado Touriño
Titoría: Ana Garriga Domínguez
ResumoHoxe en día as redes sociais están cada vez máis presentes nas nosas vidas. O número de usuarios que utilizan estes servizos medra rapidamente, sendo estes cada vez máis novos, moitos deles menores de idade. Estas plataformas permiten a comunicación con outros usuarios, compartir fotos, vídeos e datos persoais que poden ser aproveitados por terceiros para comprometer os dereitos de personalidade, tales como o dereito á honra, a intimidade persoal e familiar, a propia imaxe e a protección de datos persoais. Os riscos para os seus dereitos e, en ocasións, tamén para a súa integridade moral e seguridade, son maiores cando os usuarios destas plataformas son máis novos, xa que debido á súa curta idade e falta de madurez son máis vulnerables e están expostos a maiores riscos.
O obxectivo deste traballo é analizar a normativa actual para estudar a suficiencia das ferramentas legais existentes para protexer aos menores no campo das plataformas sociais.
Volver