Secretaría Uvigo - Instalación fotovoltaica aislada nunha granxa de polos.

Instalación fotovoltaica aislada nunha granxa de polos.

Data de defensa14/12/2020
TitulaciónMáster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Elena Albo López
Cotitoría: José Mª Fariña Nieto
Tribunal Vogalía: María Elena Albo López
Presidencia: Camilo José Carrillo González
Vogalía: María Concepción Paz Penín
Secretaría: Jorge Carlos Morán González
ResumoO desenvolvemento deste proxecto ten como obxectivo o cálculo e análise dunha instalación solar fotovoltaica illada para o abastecemento de enerxía a unha granxa de polos. Desta maneira, a finalidade é dotala de enerxía sen a necesidade de estar conectada á rede eléctrica. A granxa seleccionada encóntrase no municipio de Manzaneque (Toledo).

A utilización da enerxía que provén do Sol, como fonte principal de enerxía fai que se tomen medidas en materia de medio ambiente, deixando a un lado outros tipos de enerxías, tales como combustibles fósiles, un dos causantes de problemas relacionados co cambio climático. Por outra parte, gran parte da contaminación causada polos gases de efecto invernadoiro é debido á produción de enerxía eléctrica, polo que é necesario plantexarse alternativas que diminúan a emisión destes gases no planeta.

Neste proxecto optouse pola utilización da enerxía solar para o subministro de enerxía eléctrica a unha granxa de polos, coa finalidade de concienciar e demostrar que as enerxías renovables son o futuro, capaces de xerar a enerxía eléctrica necesaria dunha maneira limpa e sostible, e que, ao mesmo tempo, poidan ser viables economicamente.

O principal obxectivo é illar totalmente a granxa de polos da rede eléctrica, é dicir, que poida ser autosuficiente. Desta maneira, será fundamental calcular a instalación fotovoltaica illada de tal forma que produza a enerxía eléctrica necesaria durante as horas de sol para alimentar os consumos da granxa e almacenala nas baterías de acumulación para cando a produción sexa menor, como por exemplo, durante as horas nocturnas.
Volver