Secretaría Uvigo - Análise experimental dun sistema de refrixeración por compresión de vapor con tubo capilar traballando cos refrixerantes R134a e R1234yf

Análise experimental dun sistema de refrixeración por compresión de vapor con tubo capilar traballando cos refrixerantes R134a e R1234yf

Data de defensa10/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jaime Sieres Atienza
Tribunal Vogalía: Enrique Granada Álvarez
Presidencia: Fernando Cerdeira Pérez
Secretaría: Christian Gil Pereira
ResumoO R134a é un refrixerante moi utilizado actualmente nos sistemas de refrixeración por compresión de vapor. Sen embargo, o R134a ten un Potencial de Quecemento Atmosférico (PCA) de 1300 polo que a súa contribución ao quecemento global do planeta é elevada.
Nos últimos anos desenroláronse novos refrixerantes para axustarse ás últimas directivas cada vez máis restritivas sobre os valores admisibles de PCA de refrixerantes en distintas aplicacións. Así, en Europa, destacan a directiva europea 2006/40/CE aplicable ao sector da automoción e o regulamento do Parlamento Europeo CE 842/2006 (F-gas) e a súa posterior modificación UE 517/2014 que afectan a distintos tipos de produtos e equipos en función do PCA do refrixerante.
Uns dos refrixerantes dos que se están a propoñer como posibles alternativas ao R134a é o R1234yf, que ten un valor de PCA igual a 4. Sen embargo, as propiedades termodinámicas do R1234yf son distintas ás do R134a, polo que a súa utilización nun sistema de refrixeración podería dar lugar a unhas prestacións distintas ás do sistema orixinal (rendemento, potencia frigorífica...). Este comportamento é incluso máis incerto en sistemas de refrixeración que usan un tubo capilar como dispositivo de expansión, xa que estes dispositivos non regulan o caudal de refrixerante en función da demanda frigorífica do sistema.
O obxectivo do presente proxecto é avaliar de forma experimental o funcionamento dun equipo de refrixeración por compresión de vapor de baixa potencia con dous refrixerantes: R134a e R1234yf. O equipo de refrixeración utiliza un tubo capilar como dispositivo de expansión. Para elo, o alumno realizará as seguintes tarefas:
-O alumno terá que analizar de forma minuciosa todas as características dos elementos que forman o equipo experimental, tanto do circuíto primario de refrixerante coma do circuíto auxiliar da auga de refrixeración, así coma de toda a instrumentación utilizada para adquisición de datos.
-O alumno fará unha revisión do estado do arte sobre a substitución directa do R134a por R1234yf en sistemas de refrixeración por compresión de vapor, centrándose sobre todo naqueles sistemas que usen un tubo capilar como dispositivo de expansión.
-O alumno realizará un conxunto de ensaios en réxime estacionario que permitan caracterizar o funcionamento do equipo experimental baixo distintas condicións de funcionamento co refrixerante R134a. Avaliarase o funcionamento do sistema a distintas velocidades do compresor, distintas temperaturas de condensación e distintas temperaturas de evaporación.
-O alumno realizará unha campaña de ensaios experimentais co R1234yf similar á realizada co R134a.
-A partir das variables rexistradas nos distintos ensaios realizados, o alumno calculará os principais parámetros térmicos que permiten caracterizar este tipo de equipos. Ademais, realizará unha análise comparativa entre os dous refrixerantes.
Volver