Secretaría Uvigo - Estudo dinámico dunha grúa pico de pato empregando modelo acausal multicorpo

Estudo dinámico dunha grúa pico de pato empregando modelo acausal multicorpo

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Marcos López Lago
Tribunal Secretaría: Manuel Cabaleiro Núñez
Vogalía: Antonio Riveiro Rodríguez
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
ResumoAo longo da súa historia, o ser humano sempre intentou deseñar todo tipo de instrumentos que facilitasen a súa vida. O desexo de intentar mover cargas cada vez máis pesadas, na construción, por exemplo, deu orixe aos primeiros mecanismos de elevación. Estes mecanismos evolucionaron co paso do tempo ata as grúas que hoxe coñecemos.
Polo tanto, este traballo comezará explicando a orixe e evolución das grúas ata a actualidade. Despois farase un breve resumo dos principais tipos de grúas que existen actualmente e clasificaranse segundo o seu lugar de traballo.
Unha vez que se coñezan os principais tipos de grúas, estudaránse as características xeométricas e técnicas da grúa pico de pato. Despois de describir as súas principais características, utilizarase o catálogo dun dos principais fabricantes deste tipo de grúa para calcular, a través de Geogebra, cada unha das medidas necesarias para a definición total do mecanismo.
Con estas medidas e relacións xeométricas realizarase un deseño da grúa a través do programa Solidworks. Unha vez se deseñou e ensamblou cada elemento, este será exportado a Simulink a través da ferramenta Simscape Multibody Link.
Finalmente, empregando as distintas ferramentas que ofrece Simulink, estudarase o comportamento dinámico da grúa deseñada.
Volver