Secretaría Uvigo - Deseño dunha máquina adicada á realización de ensaios de tracción en ligamentos anteriores cruzados de coellos.

Deseño dunha máquina adicada á realización de ensaios de tracción en ligamentos anteriores cruzados de coellos.

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Abraham Segade Robleda
Cotitoría: Enrique Casarejos Ruiz
Tribunal Secretaría: Manuel Cabaleiro Núñez
Vogalía: Antonio Riveiro Rodríguez
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
ResumoO presente traballo fin de grado contén o deseño e desenvolvemento dunha máquina que ten por propósito a realización de ensaios de tracción en ligamentos anteriores cruzados de coellos. A máquina deberá recompilar os datos de forza de tensión aplicada e desprazamento sufrido polo ligamento ata a rotura total do mesmo co fin de poder realizar a súa curva de tracción. Os resultados obtidos destes ensaios utilízanse para deseñar diferentes prótesis e enxertos especialmente importantes nas enxeñarías biomecánica e biomédica debido ás crecentes lesións producidas principalmente polo incremento na realización de prácticas físicas por parte da poboación mundial.

A máquina debe ter un deseño sinxelo e eficiente que permita introducir con facilidade na mesma o conxunto fémur-ligamento-tibia antes de proceder á realización do ensaio. Este conxunto é extraído do corpo do coello poucas horas antes da execución da proba para evitar posibles perdas de flexibilidade. A preparación da probeta de ensaio lévase a cabo extraendo o sistema formado por 2cm de fémur pola zona superior do ligamento e 2cm de tibia pola zona inferior do mesmo; e finalmente eliminando tódolos ligamentos e tendóns que se atopen na articulación do xeonllo a excepción do anterior cruzado. A suxeición da peza de ensaio realízase aplicando forzas de agarre nestas porcións que permanecen tanto da tibia como do fémur.

O conxunto da máquina e tódolos seus elementos deben estar correctamente adaptados en dimensións e tolerancias ao tamaño reducido dos ligamentos manipulados nas probas. O deseño adoptado debe permitir suxeitar a probeta de forma segura, aplicar de xeito controlado a carga de tracción; e medir con precisión as forzas de tensión e os desprazamentos de forma simultánea durante a execución do ensaio. Presentáranse tamén no traballo os planos da máquina deseñada e un orzamento xeral para a súa posible fabricación no futuro.
Volver