Secretaría Uvigo - Modelado 3D e simulación da estructura dun aeroplano ultralixeiro. Affordaplane.

Modelado 3D e simulación da estructura dun aeroplano ultralixeiro. Affordaplane.

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Rafael Comesaña Piñeiro
Cotitoría: Ricardo Javier Bendaña Jácome
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: María Inmaculada Fenollera Bolíbar
Secretaría: José Ángel López Campos
ResumoO presente traballo fin de grao consiste na modelización 3D con software informático dun aeroplano ultralixeiro, con todas as súas partes funcionais operativas (timón, elevador e aleróns), agás as partes menos significativas (cableado eléctrico, indicadores, etc.). Este tipo de aparatos combinan a propulsión a motor coa sustentación no aire grazas ás alas, e caracterízanse por ter un baixo peso, un baixo consumo de combustible e un baixo custo. O máis usual é que sexan vehículos monoplaza, desprovistos de carenado e cunha fuselaxe feita a base de tubos de aluminio aeronáutico e tela, destinados á aviación civil e recreativa.

Para o modelado e a simulación partirase dun modelo comercial de baixo custo destinado á auto-construción, denominado Affordaplane Ultralight, unha vez adquiridos a guía de fabricación e os planos en formato PDF. Despois de realizar o modelo en 3D completamente funcional, procederase á simulación do aeroplano mediante un análise FEM (elementos finitos) para determinar o comportamento e a resistencia da estrutura en base ao estudio de cargas. Para este cometido será necesario revisar a normativa vixente que regula a estrutura deste tipo de aeroplanos, como pode ser a normativa ASTM (American Society for Testing and Materials) F2245.
Volver