Secretaría Uvigo - Deseño e implementación dun banco de probas para a validación funcional dun sistema avanzado de asistencia á condución (ADAS)

Deseño e implementación dun banco de probas para a validación funcional dun sistema avanzado de asistencia á condución (ADAS)

Data de defensa11/12/2020
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Francisco Poza González
Titoría: Vicente Pastoriza Santos
Tribunal Vogalía: José Fariña Rodríguez
Presidencia: Rafael Verdugo Mates
Secretaría: Alfonso Lago Ferreiro
Resumo A etapa final do deseño e desenvolvemento dun produto é a súa validación funcional, na que dito produto se somete a unha serie de probas que simulan as condicións, moitas veces máis exhaustivas, que atopará durante o seu ciclo de vida e no que se verifica o seu correcto funcionamento, fiabilidade e durabilidade.
Neste TFG deseñarase e implementarase un banco de probas para levar a cabo un ciclo de validación dun prototipo ECU (Electronic Control Unit) deseñado e producido polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). A súa tarefa é gobernar as funcións de condución autónoma do vehículo a través de interaccións cos buses de comunicación CAN (Controled Area Network) que o conectan co resto de ECU?s do vehículo e permiten coñecer o ambiente no que se atopa.
O deseño, tanto das probas a realizar como do hardware e software auxiliar que se van empregar, está condicionado a estritos requisitos impostos por CTAG, un dos cales é o uso de material da compañía National Instruments para o seu desenvolvemento. Polo tanto, o código necesario para realizar as probas e analizar os resultados escribirase mediante a plataforma de programación gráfica LabVIEW.
O ciclo de validación dividirase en dúas partes claramente diferenciadas, a xeración de estímulos para a ECU e a recollida e procesamento dos datos subministrados por ela. Ambos realizaranse no banco de probas desenvolvido usando equipos de National Instruments, non serán simultáneos e basearanse no bus de comunicación CAN.
Para a parte de xeración de estímulos, en primeiro lugar, as probas deseñaranse en función dos requirimentos proporcionados polo departamento de deseño; en segundo lugar, desenvolveranse en LabVIEW os diferentes programas que xeren o ambiente e simulan o comportamento doutras ECU e, finalmente, implementaranse no banco de probas.
Para a parte de recollida de datos, hai que ter en conta que se realizará non simultaneamente coa estimulación, polo que os datos serán recollidos dun produto comercializado por CTAG específico para a devandita tarefa cuxo nome é Datalogger, e posteriormente será analizado estas gravacións usando novas probas deseñadas en LabVIEW.
O obxectivo final do proceso será estimular a ECU en desenvolvemento en paralelo cunha ECU comercial e comparar o funcionamento similar da mesma baixo a análise das gravacións das súas mensaxes enviadas polo bus CAN.
Cómpre ter en conta que a ECU en desenvolvemento é un elemento confidencial, polo que se evitarán ou reducirán o máximo posible os datos sobre a súa estrutura interna, programación e funcionamento.
Volver