Secretaría Uvigo - Efeitos sobre ansiedade e desempeño en estudantes cuando estresores son adicionados en simulacións realistas de suporte avanzado de vida.

Efeitos sobre ansiedade e desempeño en estudantes cuando estresores son adicionados en simulacións realistas de suporte avanzado de vida.

Data de defensa20/11/2020
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Dirección Titoría: José Luís Buceta Hazas
Tribunal Titoría: José Luís Buceta Hazas
ResumoResumo

Obxectivos: As habilidades en SAV tenden a degradar. Os estudos mostran que se obten mellor resultado coas simulacións realistas que co treinamento tradicional. As razóns non son claras, mas sostense que a ansiedade pode mellorar as fases da memoria. Este traballo tenta esclarecer os efeitos que certos estresores (morte simulada) teñen sobre a ansiedade e o desempeño.

Métodos: 24 estudantes foron distribuidos aleatoriamente entre un GC e un GE. Seguindo a metodoloxía da materia, cada estudante vivenciou dúas simulacións. Antes e depois, avaliouse o nivel de ansiedade, usando o STAI. Na primeira, o doente faleceu no GE e sobreviveu no GC.

Resultados: Após a morte simulada, o GE apresentou maior ansiedade que o GC. Estes valores foron significativamente maiores que no inicio da simulación. En fase de avaliación, os niveis de ansiedade foron elevados para o GE e basais para o GC namentres que, no final do evento, aconteceu o contrario. Estas diferenzas foron estatisticamente relevantes. En termos de desempeño, o GE obtivo pontuacións significativamente mellores que o GC.

Conclusións: Os dados mostran que o estresor xerou maior ansiedade, mas tambén supuxo mellor desempeño. As variacións na ansiedade permiten facer inferencias dos procesos cognitivos subxacentes á simulación.

Palabras chave: Ansiedade, desempeño, simulación, SAV.
Volver