Secretaría Uvigo - O comercio exterior da economía española (2002-2019)

O comercio exterior da economía española (2002-2019)

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Raquel Díaz Vázquez
Tribunal Titoría: Raquel Díaz Vázquez
ResumoRESUMEN
A análise do sector exterior pon de manifesto a importancia que as exportacións e importacións teñen para a economía española. Os aspectos que tratamos neste traballo son diversos, pero todos co mesmo fin, que non é outro que coñecer a incidencia que teñen os bens e servizos exportados e importados na nosa economía. Así mesmo, veremos cales son os sectores económicos máis representativos, ademais de coñecer o peso das exportacións e importacións de España en relación a outros países, as súas taxas de apertura e cobertura e saldo da Balanza Comercial. Doutra banda analizaremos os principais feitos que poden afectar o comercio exterior: Brexit (movemento do por que o Reino Unido abandonará a Unión Europea), Guerra comercial EEUU ? China, Internacionalización da Economía Española e en último lugar o COVID-19, sendo este último o acontecemento máis actual e con maior incidencia de todos eles, debido á gran incerteza que existe.
PALABRAS CHAVE:
Comercio Exterior, Intercambios, Exportacións e Importacións, P.I. B., Balanza comercial, Déficit, Tipo de interese, Prezos, Paro, Produción, Empresa, Euro, Economía, Brexit, Guerra comercial, Internacionalización, COVID-19
Volver