Secretaría Uvigo - Comunidades de diatomeas en ríos do Norte de España e o seu uso como bioindicadoras.

Comunidades de diatomeas en ríos do Norte de España e o seu uso como bioindicadoras.

Data de defensa18/11/2020
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Cotitoría: Isabel María Pardo Gamundi
Titoría: Cristina Delgado Núñez
Tribunal Presidencia: María Paloma Morán Martínez
Vogalía: María Fuencisla Mariño Callejo
Secretaría: Emilio Gil Martín
ResumoAs diatomeas son algas ampliamente utilizadas como indicadoras do estado ecolóxico en Europa, sendo un dos elementos biolóxicos de calidade establecidos pola Directiva Marco del Agua. Neste traballo analizáronse datos de 32 mostras dos ríos Sella, Cares e Deva e algún dos seus afluentes, localizados nas inmediacións ou no Parque Nacional de Picos de Europa. Estudiáronse os datos de agua e diatomeas bentónicas e calculouse o índice IPS a partir das comunidades de diatomeas ao longo dos últimos 15 anos. Os resultados da composición fisicoquímica das aguas en xeral indican un bo estado ecolóxico dos ríos. Identificáronse un total de 99 especies pertencentes a 37 xéneros diferentes, das cales as especies dominantes foron Achnanthidium pyrenaicum, A. minutissimum, Cocconeis euglypta, C. lineata, Amphora pediculus y Encyonema minutum. En base ás comunidades de diatomeas e ao IPS casi todas as mostras acadaron un bo estado ecolóxico. Ainda que o estado ecolóxico sea bo na actualidade nos ríos de esta zona, nos próximos anos debería prestarselle atención á tendencia de aumento en fosfatos detectado nos últimos 5 anos.

Palabras clave: Contaminación fluvial, Directiva Marco del Agua, Estado Ecolóxico, Picos de Europa, Cordilleira Cantábrica.
Volver