Secretaría Uvigo - O mercado da literatura infantil e xuvenil en España. Aspectos significativos e modelo editorial de éxito: a editorial Kalandraka.

O mercado da literatura infantil e xuvenil en España. Aspectos significativos e modelo editorial de éxito: a editorial Kalandraka.

Data de defensa24/11/2020
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María Jesús Barsanti Vigo
Tribunal Titoría: María Jesús Barsanti Vigo
ResumoO presente traballo leva a cabo un estudo da LIJ dende un punto de vista histórico e mercantil, analizando o caso concreto da editorial galega Kalandraka como exemplo emblemático de negocio de éxito adicado á LIJ. Dito estudo está estructurado en dúas partes claramente diferenciadas. Así, a primeira está adicada á orixe da LIJ, a súa evolución histórica e a análise das características que lle son propias, mentres que a segunda céntrase na LIJ como fenómeno de mercado a nivel xeral e en España, e na análise do caso da editorial Kalandraka.
Para levar a cabo a investigación consultei materiais escritos de disciplinas diversas como a historiografía literaria, a historiografía da infancia, a historiografía das políticas lingüísticas en España e a mercadotecnia. Esta gran variedade no que se refiere á natureza dos materiais consultados explícase pola transversalidade do obxecto de estudo.
O sentido de por qué elaborar deste xeito o presente traballo vese xustificado na propia natureza da miña formación académica universitaria e a miña experiencia laboral, puidendo aproveitar esta bagaxe profesional no mundo da LIJ e aplicarlle os conocimientos adquiridos para a elaboración, redacción e exposición da LIJ dende un punto de vista económico; así como resaltar un modelo de negocio moi ilustrativo e interesante a nivel académico, dende o punto de vista do marketing.
Deste xeito, satisfáceme reflexar cómo a LIJ constitúe un motor económico e un mercado a ter en conta nas enseñanzas superiores de economía e empresa, máis alá dunha rama da literatura e o mundo da palabra escrita, case nunca exemplos ilustrativos en temarios de marketing ou xestión de negocios.
Volver