Secretaría Uvigo - Análise da pobreza infantil en España entre 2008 e 2018: evolución, causas e políticas

Análise da pobreza infantil en España entre 2008 e 2018: evolución, causas e políticas

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Olga Alonso Villar
Tribunal Presidencia: Margarita Estévez Toranzo
Secretaría: María Celia Rodríguez Campos
Vogalía: Daniel Gustavo Miles Touya
ResumoO presente traballo ten como obxectivo realizar unha análise sobre a exclusión social e a pobreza infantil en España e a súa evolución entre o período comprendido entre o comezo da crise económica de 2008 e 2018.
Para iso, preséntase a discusión existente arredor da definición do concepto de pobreza (e pobreza infantil) e a metodoloxía que se aplica na súa análise. A continuación, analízase empíricamente a evolución da pobreza infantil observando unha selección de indicadores (AROPE e Poverty Gap) explicados na parte dedicada á metodoloxía neste traballo, ofrecendo datos sobre a evolución da incidencia e da intensidade da pobreza infantil. Finalmente, despois de observar a evolución da pobreza infantil en España, este traballo analiza a importancia do papel que xogan os estados na loita contra a pobreza infantil e a exclusión social e avalía a eficacia das políticas aplicadas por o Estado español para combater este selado no período considerado.
A observación dos datos obtidos permítenos comprobar que o grupo formado por menores é o grupo de idade que experimenta sistematicamente unha peor situación nos dous aspectos da pobreza analizados, é dicir, a incidencia e a intensidade. Unha vez expostas as graves consecuencias a medio e longo prazo para a sociedade e a economía da existencia da pobreza infantil e demostrado o importante papel que xogan os estados na erradicación deste fenómeno, está claro que o Estado español necesita corrixir as súas políticas. Por este motivo, este traballo inclúe tamén unha sección que mostra algunhas recomendacións políticas para aumentar a eficacia da acción do Estado español na loita contra a pobreza infantil.
Palabras clave: pobreza infantil, exclusión social, pobreza multidimensional, políticas contra a pobreza infantil, carencia material grave, baixa intensidade de emprego.
Volver