Secretaría Uvigo - Análise da fenda salarial de xénero

Análise da fenda salarial de xénero

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Jorge Falagán Mota
Tribunal Titoría: Jorge Falagán Mota
ResumoRESUMO:

Este traballo trata de ofrecer unha visión xeral da brecha salarial de xénero co obxectivo de acadar unha maior conciencia sobre este problema pra así diminuír a brecha.

O método que usei para facelo foi a revisión bibliográfica, xa que creei o traballo lendo e analizando unha recompilación de diferentes publicacións, artigos, traballos académicos ...

A brecha salarial refírese á diferenza entre os salarios medios percibidos por homes e mulleres, como porcentaxe do salario medio dos homes. Despois de aclarar esta idea, de ter explicado en que consiste e a diferenza entre a brecha salarial non axustada e a axustada, analizarei as causas que a producen, pasando pola maternidade ou o teito de cristal. Tamén vou propoñer medidas que poidan axudar a reducilo, como procesos de contratación, selección e promoción transparentes ou educar en igualdade para que homes e mulleres se dediquen aos traballos domésticos e coidados infantís dun xeito máis equitativo. Ademais, vou ver os datos sobre a brecha salarial en España para saber como varía, por exemplo, segundo os grupos de idade ou o sector ao que nos referimos. Por último, discutirei os beneficios que a eliminación da brecha salarial pode traer tanto ás mulleres, ás empresas e á sociedade en xeral.

PALABRAS CLAVE:

Discriminación, igualdade, salario, segregación laboral, teito de cristal, educación
Volver