Cooperación transfronteiriza galego-portuguesa e evolución do tráfico de mercadorías nos portos e aeroportos da eurorrexión galego-portuguesa entre 2008-2016
Data de defensa | 23/11/2020 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Pedro Lorenzo Alonso |
Tribunal |
Titoría: Pedro Lorenzo Alonso |
Resumo | O obxectivo deste traballo é analizar como inflúe a cooperación transfronteiriza en ambos territorios e cales serían os beneficios de cooperar xuntos. Polo tanto, analizaranse os diferentes condicionantes e a institucionalización da devandita cooperación. Dentro da cooperación galego-portuguesa destacan entre outros a Comunidade de Traballo e o Eixo Atlántico. Para rematar, falaremos da eurorrexión galego-portuguesa. Por outra banda, analizarase a evolución do tráfico de mercadorías nos grandes portos e aeroportos da Eurorrexión. Verase que portos son máis significativos a nivel de mercancía cargada e descargada e que tipo de mercadoría é a predominante en cada un dos distintos portos da eurorrexión. Nos aeroportos, ademais do tráfico de mercadorías, analizarase o tráfico de pasaxeiros e postal. |