Secretaría Uvigo - Fondos de investimento. Análise fondo Vanguard Global Stock Index Fund Investor

Fondos de investimento. Análise fondo Vanguard Global Stock Index Fund Investor

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Francisco Rodríguez de Prado
Tribunal Titoría: Francisco Rodríguez de Prado
ResumoRESUMO:
Neste proxecto de fin de carreira analizaremos as principais institucións de investimento colectivo, centrándonos máis de preto nos fondos de investimento. Ao longo do proxecto, analizarase un fondo de índice de renda variable, cuxo índice de referencia será o MSCI World, un índice que cobre ata o 85% da capitalización mundial.
A rendibilidade obtida neste fondo está directamente relacionada co risco que asume, xa que para calquer investimento, canto maior sexa o risco que o investidor está disposto a asumir, maior será a rendibilidade que se espera del. Risco que se reducirá parcialmente pola súa alta diversificación, pero nunca por completo.
A entidade xestora encargada da preparación deste fondo é a coñecida marca Vanguard creada por John Bogle en 1975, co obxectivo de ofrecer aos pequenos investidores a posibilidade de obter unha gran diversificación a través dos seus fondos, mantendo sempre as comisións máis baixas.
PALABRAS CLAVE:
Fondos de investimento.
Benchmark.
Renda variable.
Rentabilidade.
Risco.
Volver