Secretaría Uvigo - Bitcoin e a revolución descentralizada de Blockchain

Bitcoin e a revolución descentralizada de Blockchain

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Carlos Juan De Miguel Palacios
Tribunal Titoría: Carlos Juan De Miguel Palacios
ResumoNeste traballo trataremos de comprender o funcionamento de Bitcoin, a moeda que xurdiu como resposta ás crises financeiras. Veremos as posibilidades e limitacións de Bitcoin para establecerse como o sistema de pago descentralizado para o que foi concibido ou se está a evolucionar cara a un activo refuxio coma o ouro. Tamén comentaremos o posicionamento dos países antes criptomoedas e a aplicación de medidas fiscais en España.
Tamén estudaremos a tecnoloxía responsable de articular toda a estrutura de Bitcoin e o resto de criptomoedas, o Blockchain. Falaremos da súa mecánica de consenso distribuído e das posibilidades desta tecnoloxía para revolucionar as industrias actuais.
O traballo consta de tres partes; unha primeira parte centrada na propia criptomoeda, o seu misterioso creador e a evolución do seu prezo dende a súa saída ata hoxe. Unha segunda parte na que afondo nas entrañas e funcionamento de Bitcoin. E, finalmente, falaremos das posibilidades de Bitcoin, Blockchain e outras criptoconcias relevantes.
Volver