Secretaría Uvigo - O control fiscal sobre o comercio electrónico

O control fiscal sobre o comercio electrónico

Data de defensa23/11/2020
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Alberto Gago Rodríguez
Tribunal Titoría: Alberto Gago Rodríguez
ResumoO crecemento exponencial no uso das novas tecnoloxías levou á prevalencia do comercio electrónico como forma de compra predominante entre as novas xeracións durante a última década. Este modelo de negocio creceu de xeito imparable, representando un gran volume de transaccións totais.
Ante o risco de evasión fiscal, a Administración tributaria española está a transformar a normativa tributaria para adaptala ás novas necesidades de suxeición e control destas operacións.
O obxectivo deste traballo é analizar o réxime fiscal aplicado en España ás transaccións electrónicas, a integración de políticas europeas comúns en relación coa súa fiscalidade e posibles puntos de mellora para unha correcta tributación destas operacións e os ingresos que xeran.

Comercio electrónico Evitación fiscal
Tecnoloxía Tributación
Volver